Andaina do rio

Paralelamente a 10Q organizase unha Andaina popular que discorrera durante 12 kilómetros polo Parque A Canuda, Zona amurallada e Castelo de Salvaterra e sendeiros que percorren as beiras dos ríos Tea e Miño, así como distintos puntos de interés da vila de Salvaterra de Miño. A saída terá lugar as 9:30am do Parque A Canuda e terá un límite de participación de 150 persoas.

Esta andaina terá unha dicultade baixa, con unhas variacións de altura duns 250metros, discorre por sendeiros de monte e pistas de terra así como asfalto en bo estado e por zona de paseo mixtas.

Debido a época do ano na que se realiza a andaina, recomendase roupa de abrigo e calzado cómodo pero resistente a este tipo de rutas.

A hora de saída será as 9:30 dende as inmediacións do estanque que hai dentro do Parque A Canuda de Salvaterra. Todas aquelas persoas que o desexen poden desprazarse no autobús que a organización pon a disposición dos participantes tanto dende o Concello de As Neves como dende O Parque A Canuda, este servicio realizarase tanto para a ida como para a volta.Esta andaina terá unha duración aproximada de 4 horas, poderán participar nela calquera persoa ou neno maior de 5 anos.

O prezo da andaina e de 5€

inscripcion
andaina