Información

Establecense as seguintes categorías masculinas e femininas:

Junior - Promesa De 18 a 23 anos
Senior De 24 a 34 anos
Veteráns A De 35 a 44 anos
Veteráns B De 45 a 54 anos
Veteráns C Maiores de 55 anos

A proba absoluta discurrirá por asfalto agás un tramo de 500 metros entre o quilometro 7- 8 que será de terra.

Nen@s

As probas dos máis cativos celebraranse o rematar o 10 Q e consisitirán en varios circuitos en función da idade,

Ata 6 anos 180 m
De 7 a 13 anos 700 m
De 14 a 17 anos 1300 m

O comezo da proba absoluta terá lugar as 10:30 da mañá e constará de un percorrido de 10000 metros con saída na Praza do Concello de As Neves e meta no Parque A Canuda (Concello de Salvaterra de Miño)

Haberá un avituallamento líquido no quilometro 5 e outro na chegada a meta.

A organización disporá de servizo de gardarroupa na zona de saída pero non se reponsabiliza dos efectos persoais depositados nelas

Poránse a disposición dos participantes ducha situadas no pabillón municipal.

Haberá parking na zona do pabellón municipal de As Neves e no parque de A Canuda .

Premios

1º posto absoluto 200€ + trofeo
2º posto absoluto 150€ + trofeo
3º posto absoluto 100€ + trofeo
1º posto junior - promesa Trofeo
1º posto senior Trofeo
1º posto veterán A Trofeo
1º posto veterán B Trofeo
1º posto veterán C Trofeo
1º posto de Salvaterra ou As Neves (empadronado) Trofeo
1º posto de Portugal 50€
Participante de máis idade Trofeo
Medallas e regalos para todo-los participantes das categorías inferiores

Tódolos participantes recibirán un agasallo conmemorativo.

A entrega de premios efectuarase o remate da proba dos máis pequenos no anfiteatro do parque .

Servizo de autobús

Para o desplazamento de todos aqueles participantes que o desexen, pomos a disposición autobuses lanzadeira que farán a ruta dende o Parque A Canuda ata a saída no concello de As Neves. Para ter dereito a plaza no bus rógase que cada corredor que o requira, marque a casilla de autobús no momento da inscrición xa que esta organización precisa coñecer canta xente se vai desplazar e cantos autobuses se necesitan. Así mesmo, indicamos que as saídas dos buses farase dende as 8:30am a intervalos de +- 20 minutos e que o último autobús sairá as 10:00. Todos aqueles corredores que veñan mais tarde das 10:00am deberán usar medios propios para desplazarse ata a saída. Unha vez chegue a última persoa da 10Q e para todos aqueles que o desexen, realizarase o traxecto de volta ata As Neves, a saída do autobús na volta a As Neves realizarase unha vez se completen as plazas do autobús.

Ver regulamento completo