Inscripción

Establecese un máximo de 1000 participantes para a carreira absoluta en 100 participantes por categoría nas carreiras inferiores

O prezo da inscripción será de:

6€ do 21 de novembro o 1 de febreiro
8€ do 2 o 17 de febreiro

As incripcións das categorías inferiores serán gratuitas.

A inscripción poderase levar a cabo premendo aquí ata o 17 de febreiro ou presencialmente en en Playsport Salvaterra , C / Rosalía de Castro 105 Baixo, no seu horario comercial e presentando DNI.

A recollida de dorsais e chips realizarase o día antes da proba en Playsport Salvaterra para as persoas que se inscriban en dito establecemento e para as demáis persoas no Centro Recreativo Cultural Casal situado no barrio do Casal a 1 km do centro da vila en dirección Ponteareas pola PO- 403 . Tamén se podra recoller o día da carreira ata as 10 da mañá no Pabellón de As Neves.

Darase un regalo publicitario da proba os primeiros 800 participantes en recoller o dorsal.

Este ano queremos colaborar co Banco de alimentos. Todos os participantes deberán aportar un producto non perecedeiro (azúcar, fariña, pasta, aceite, productos enlatados, galletas, cereais...) para poder participar na proba, ademáis do prezo da inscrición. Estes productos serán recollidos por membros do Banco de alimentos de Vigo na zona da saída no concello de As Neves.

Levarase a cabo un sorteo dunha pulseira deportiva entre as 100 primeiras inscritas e duns manguitos entre os 100 primeiros inscritos.

pulsera
manguitos
inscripcion